Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASTELO DE SOUTOMAIOR
Ano de creación: Edificio orixinal do S. XII con reformas posterior (S. XIII, XIV, XV)
Autores: Anónimos
Ano de toma fotográfica: 2001
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
Na actualidade, o castelo é propiedade da Deputación de Pontevedra. O conxunto actual é o resultado dun proceso de reconstrucción mediante un plan especial no que se acometeron obras que incluían restaurar o antigo e derruido castelo e intervir no monte, o Castro da Peneda. Baixo a dirección de José Enríquez Pérez Ardá participaron nos traballos arquitectos de prestixio coma César Portela, Rafael Fontoira e Luis Agosti. O recinto fortificado está enclavado nun promontorio rochoso sobre o que se domina o val do río Verdugo, emplazamento crucial, punto estratéxico de comunicación, que lle permitíu o castelo desempeñar un papel de gran importancia na historia da Galicia medieval. Carlos Valle Pérez sitúa a orixe do castelo no século XII construído por Paio Méndez Sorrende. O edificio transformouse no século XV, nunha fortaleza medieval. A torre foi destruida en 1467 durante as Revoltas Irmandiñas. Tras un longo periodo de decadencia, no século XIX o castelo vive un momento de renacemento convertíndose na residencia veraniega do Marqués de la Vega y de Armijo que lle engade a parte máis cortesana de estilo neogótico. Na edificación pódese aprecia-los restos estratificados de antigas construccións de pedra, elementos toscos e pesados que pertenceron á fortaleza, combinadas cunha elaborada cantería que responde á parte máis pacega do conxunto. Na zona Norte, o acceso é difícil e escarpado mentres que na zona Sur, o foso foi convertido nun xardín. O resultado é un castelo transformado nun pazo donde é importante o completo e rico mundo vexetal, o xardín, o parque con flores, as árbores frutais e ornamentais, os viñedos, que conforman a Soutomaior como un espacio singular. O castelo complétase con outro tipo de edificacións de diversas tipoloxías coma pabellóns, capelas, hórreos, alpendres...Todo esto serve de contrapunto ás edificacións monumentais e dotan ó conxunto dunha estructura única reflexo da combinación do rural e do señorial erixíndose nun exemplo paradigmático do pazo galego, uso o que foi destinada a construcción nos últimos tempos.
ASPECTOS HISTÓRICOS
A fundación do castelo establécese no século XII sendo o seu fundador Paio Méndez Sorrende. O historiador Taboada Moure sinala a orixe da linaxe dos Soutomaior no matrimonio entre Teresa, filla do rei Witiza e Sorred Fernández, fundador da casa. A linaxe dos Soutomaior converteríase nunha das máis importantes do país dando personaxes ilustres á historia de Galicia, moitos deles enterrados no Convento de Santo Domingo de Pontevedra-hoxe en ruínas-. Figura clave na historia de Soutomaior é Pedro Madruga ou Pedro Álvarez de Soutomaior. Con este nobre, a Casa de Soutomaior alcanzou a súa máis alta cota de poder. Pedro Madruga accede a xefatura da casa á morte do seu hermanastro Alvar Páez. Participou en múltiples episodios, moitos deles tráxicos, acontecidos na Galicia de finais do século XV, o que o erixen nunha figura clave da nosa historia. Estos son momentos de transición, un periodo en que Galicia forma parte dun reino en proceso de renovación e afianzamento tra-la chagada dos Reis Católicos, unha vez solventados os problemas sucesorios coa Beltraneja. A pacificación propiciada co asentamento dos Reis Católicos e o inicio de prosperidade fará que as fortalezas ubicadas en Galicia -as reconstruidas tra-las revoltas Irmandiñas- perdan practicamente todo o seu valor estratéxico e polo tanto o seu papel no acontecer histórico. Estas circunstancias afectarán ó futuro do castelo de Soutomaior. A partires da morte de Pedro Madruga e coa evolución dos acontecementos históricos, o castelo foi caendo nunha lenta agonía. Durante gran parte da Idade Moderna seguirá pertencendo á familia Soutomaior, cada vez máis en declive e dividida en disputas internas. O traslado da familia á corte conleva o abandono do castelo. A finais do século XVIII a chancillería de Valladolid, despois dun longo pleito, recoñécelle a Fernando Correa de Soutomaior, marqués de Mos, o dereito de posesión de tódolos bens. A actuación do marqués será coloca-lo seu escudo de armas no castelo en sustitución do vello emblema heráldico. Os cuidados da nova familia ó edificio non serán excesivos pero si os suficientes para evita- la súa destrucción. En 1870 os propietarios do castelo, os marqueses de la Vega de Armijo, deciden transformalo en residencia de verán. As obras de restauración tornan á fortaleza nun pazo. Os importantes cargos do marqués, embaixador, ministro... permitíronlle ter relación coa casa real recibindo ó rei Alfonso XII en Soutomaior. Máis tarde, a herdeira do marqués, a súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, mantén o interese polo castelo pero debido as súas actividade políticas e sociais -é coñécida como marquesa Roja-perde o edificio que sale a pública subasta. O cambio de titularidade implicará o paulatino abandono e deterioro da fortaleza, sobre todo das dependencias internas. Tras pasar por diversas mans e sucesivas transmisións, a edificación foi adquirida finalmente pola Deputación de Pontevedra en 1982 que se encargou da súa recuperación.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
No castelo podemos distinguir dende un punto de vista estructural, pese ós engadios, dúas partes que posúen un carácter individual e unha terceira parte que podería considerarse o entorno. 1. Un primeiro conxunto constituido polo recinto fortificado. Esta formado polo castelo, as dúas murallas defensivas que o rodean e o espacio comprendido entre elas. Esta zona ten unha tipoloxía e estructura perfectamente definida a pesares das súas sucesivas restauracións, ampliacións e transformacións ó longo da súa historia. Unha das características deste recinto é a gran variedade de técnicas constructivas empregadas que delatan as reconstruccións sufridas polo edificio.
MUROS DEFENSIVOS
O castelo presenta dous muros, un exterior e outro interior. O muro exterior ten planta ovalada que lle permite unha maior adptación ó terreo. O seu espesor é de 180 cm excepto na zona Norte onse se estreita bastante ata chegar a un metro. O muro presenta dúas portas de acceso, a primitiva no lado Norte e a porta que loce o escudo dos marqueses de Mos colocado no século XVIII. É un muro ben construido, con sillares de calidade que poden pertencer a época de Pedro Madruga. As técnicas defensivas coinciden coa época deste nobre, sobre todo no que respeta ás troneiras en forma de buzón en derrame que aparecen no Norte de España en torno a 1470. Os muros posúen outro tipo de troneiras en forma de pechadura invertida ou de forma cadrada...No lado leste, o lado ameazado polo inimigo, os muros alcanzan unha maior altura e as troneiras son estreitas. A porta do lado Norte ten un arco de oxiva apoiado sobre impostas redondeadas. Sobre esta porta está o escudo dos Soutomaior. A porta do lado Sur, a entrada actual, presenta o escudo dos marqueses de Mos. O recinto amuraiado interior é máis antigo que o exterior e tamén sufríu restauracións aínda que con poucas modificacións. No lado norte deste muro ábrese a segunda porta de entrada ó patio de armas. O arco exterior é oxival e sobre él colócase o escudo dos Sotomaior.
TORRE E PALACIO
Partes:
1.No lado Sur atópase a torre da Homenaxe que máis que valor defensivo funciona como refuxio. A entrada sitúase nun piso alto ó que se accedía mediante escaleiras colgantes ou a traverso do adarve da muralla. O piso inferior estaba abovedado con materiais resistentes e aptos para resistir un posible ataque. A planta da torre é rectangular aínda que os seus lados non son totalmente paralelos. O acceso realízase a traverso do adarve da muralla ó nivel do primeiro piso. Esta torre estaba vencellada a outra torre, a da Galería das Damas, a través da muralla. Entre a porta e o adarve, a distancia quedaba salvada mediante unha ponte levadiza que, o memo tempo, lle permitía quedar illada do exterior. Na planta baixa atopamos dúas fiestras estreitas que poderían ter unha función de ventilación.No segundo piso atópanse dúas fiestras iguales ás do piso inferior. No lado Norte, unha porta de arco apuntado comunica co palacio pero que na súa orixe sería co adarve das murallas. O piso superio da torre presenta un muro de menor espesor. O palacio únese á torre da homenaxe polo lado Sur. Ten unha planta trapezoidal irregular de doble cruxía.O corpo inferior e superior con portas e fiestras neogóticas que datan do século XIX. A entrada ó palacio realízase a traverso dunha porta aberta na muralla que unía as dúas torres. No interior case todo o edificio responde á restauración levada a cabo no século XIX. Na planta baixa situáronse as dependencias de servicio. A segunda planta foi destinada a sala de armas, salóns, salón de billar, dormitorios e outras dependencias e a terceira planta para dormitorios. A galería neogótica das damas está ubicada sobre unha antiga torre defensiva que aínda conserva os primitivos sillares.
2. A segunda parte está composta polos edificios, construccións e terras intramuros da finca. A súa estructura está tamén definida e responde a unha clásica finca de pazo do século XVIII. Estos edificios, como sinalamos con anterioridade, son de diversas tipoloxías, capelas, palcos, lavadeiros, hórreos...
3. A terceira parte é o entorno de forte personalidade, o val do río Verdugo e as estribacións da ladeira montañosa do Monte Castro da Peneda.
Fontes de información: Portela, C.; "El castillo de Sotomayor y sus tierras" en FAIPAC, nº 0. Coruña, 1990, páx. 58. VV.AA.; "Castillo de Soutomaior". Pontevedra, 2001