Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASCO HISTÓRICO BETANZOS

Ano de creación:

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2003

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    Betanzos foi un lugar moi importante, cun pasado histórico denso e rico. Exemplo desto é o número de monumentos que se conservan. O centro urbano foi declarado Conxunto-Histórico Artístico dende 1970.
    Pola súa ubicación destaca a plaza da Constitución coa igrexa de Santiago, O concello, os pazos de Bendaña e Lanzós e a casa de estilo colonial de dos Núñez pero existen na vila outros conxuntos de interese.
1.PLAZA DE LA CONSTITUCIÓN
IGREXA DE SANTIAGO
    É un edificio do século XV que foi erixido por Fernán Pérez de Andrade O Mozo.
    É un edificio de planta basilical, de tres naves, maís ancha a central, con capela maior de tres ábsidas, eptagonal a central, pentagonal a da dereita e cuadrangular a da esquerda. Sendos pares de soportes dividen o interior en cinco tramos formados por piares sobre pedestais con semicolumnas adosadas.Os capiteis son variados e de influencia románica con motivos vexetais, animáis... Os arcos transversais descansan en responsións formados por tres semicolumnas adosadas ós muros.
    A capela maior ten bóveda de crucería con nervos que descansan en semicolumnas. Unha imposta percorre os paramentos da capela á que se entra a través dun arco triunfal apuntado. Tres fiestras con parteluz iluminan e animan este espacio onde tamén se abren dous rosetóns. A capela do lado da Epístola e a do Evanxelio van cubertas con bóveda de crucería.
    A nave maior cúbrese con teito de madeira a dúas augas cun artesonado de finais do século XIX.
    No hastial sur ábrense catro capelas que alteraron a planta da igrexa. A primeira é a de San Pedro e San Pablo e data de século XVI de estilo isabelino. Destaca o seu retábulo de Cornielles de Holanda. A seguinte capela é do século XV e cúbrese con bóveda de crucería sinxela. As outras dúas capelas son do século XVI.
    >Portada principal
A fachada foi remodelada en 1900 salvándose a portada principal semicircular con arquivoltas decoradas con formas vexetais. No centro, un Cristo baixo dosel flanqueado pola Mai co neno en brazos e Santiago Apóstolo.A imaxe de Santiago Apóstolo repítese no tímpano pero preséntase a cabalo cunha muller ós seus pés. As arquivoltas descansan en catro pares de columnas acobadas.
    >Portada Norte
É unha portada de arco apuntado e moi sinxela. Presenta sendas columnas acobadas a cada lado e unha cruz no tímpano.
    >Portada Sur
Desta portada consérvase un tímpano empotrado. Esta porta tamén é chamada Santa e ten no lado interior un Santiago a Cabalo e no exterior a Cristo rodeado de catro figuras e os instrumentos da súa paixón.Por esta porta entraban os pelegríns que se desviaban do camiño para visita-lo santuario dos Remedios.

CONCELLO
    Edificio do século XVIII.

PAZO DE BENDAÑA
    Edificio barroco con elementos do século XV.

PAZO DE LANZÓS
    Edificio do século XVII.

2. PLAZA DE FERNÁN PÉREZ DE ANDRADE
IGREXA DE SANTA MARÍA DO AZOGUE
    O templo, declarado Monumento nacional en 1944, foi edificado en dúas etapas, a primera correspondente á época de Fernán Pérez de Andrade, segunda metade do século XIV que levantou as tres capelas absidiais e o seu sucesor Fernán Pérez O Mozo, na primeira do XV, completou o resto do edificio. Foi consagrada en 1447.
    É un edificio de planta basilical con tres naves, máis ancha a central que as laterais, cuberta de madeira a dúas augas. Presenta tres capelas absidiais, a maior eptagonal e as menores cadradas, todas elas con bóveda de crucería. As naves están separadas mediante piares sobre pedestal con semicolumnas adosadas que estructuran o templo en catro tramos. Os capiteis teñen certa débeda co románico e presentan unhas tallas con diversas esceas animadas e motivos vexetais. Os arcos transversais descansan en responsións formados por tres semicolumnas adosadas ós muros.
    O paso do brazo maior á capela realízase mediante un arco triunfal apuntado con baquetóns no intradós e decorado con flores ou cabezas de clavo e botóns. A iluminación do templo realízase mediante catro fiestras con parteluz.
    A capela presenta unha bóveda soportada por columnas acobadas. A iluminación recíbese mediante dúas fiestras circulares con rosetón así como dous vanos alongados con parteluz que na actualidade están cegadas debido ó retábulo. Este retábulo é obra de Francisco Gómez e data do século XVIII pero as tallas dos misterios son do antigo retábulo gótico que se considera procedente de Flandes.
    >Portada Principal
Presenta un corpo máis saínte con respecto á fachada. A portada está protexida por un arco de medio punto decorado con arquiños e nas arquivoltas apuntadas, varios ordes de motivos vexetais e xeométricos e 22 figuras humanas que representa o Xuízo Final. No tímpano represéntanse dúas esceas, a Epifanía e unha Anunciación. Na zona inferior, oito columnas acobadas con capiteis de gusto románico.
    >Porta Norte
Esta porta apuntada está tapiada e presenta un tímpano sinxelo coa representación do Xuízo Final. Catro columnas acobadas con capiteis de decoración xeométrica e esquemática completan o conxunto.
    >Porta Sur
Esta porta tamén apuntada está formada por arquivoltas lobuladas sostidas por catro columnas acobadas con capiteis de talla parecida e no tímpano tres cruces, as laterais de lazo.

CONVENTO DE SAN FRANCISCO
    Este templo foi erixido na segunda metade do século XIV polo cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, "O Bo". Foi declarado Monumento Nacional dende 1919.
    >Interior:
É un templo de planta de cruz latina dunha soa nave principal con tres capelas absidiais. A Capela Maior, eptagonal, esta cuberta con bóveda estrelada e recibe iluminación gracias ós cinco esveltos ventanais con parteluz. No centro da capela, entre un rosetón situado na zona superior e o ventanal central, descúbrese a imaxe de Cristo co tetramorfos. Decorando as nervaduras, diversas figuras, rostros e resucitados levantando as tapas das súas tumbas. A división entre a nave principal e a capela realízase mediante un arco toral decorado no seu frente con esculturas incrustadas de gran tamaño que representan a un anxo cunha balanza pesando as almas e, está acompañado do demo e de San Gabriel. No arco, ademáis da decoración de cabezas de clavo, botóns florais...e nas columnas acobadas que sosteñen os nervos da bóveda tállanse figuras moi estropeadas. Toda esta decoración escultórica quere representa-lo Xuízo Final e estaría relacionado co sepulcro de Fernán Pérez de Andrade, "O Bo" que foi sepultado na capela Maior pero o seu sepulcro foi trasladado en 1782 ó pes do templo con motivo da colocación neste espacio dun retábulo.
No cruceiro ábrense varias capelas que non formaron parte do proxecto inicial do templo pero que son coetáneas ó mesmo. Estas capelas están cubertas con bóveda de crucería e nelas están enterrados diferentes membros da familia de Andrade e outras importantes personalidades.
No brazo principal da igrexa, con teito de madeira a doble vertiente, ábrense outras dúas capelas, unha do século XV con bóveda estrelada de cinco claves. Frente a esta capela, outra con frontón e medallóns renacentistas do século XVI con bóveda estrelada de cinco claves.

    >Exterior
O exterior do templo delata as alturas escalonadas do edificio sendo a parte máis alta o remate do crucero onde se abren tres fiestras, dúas delas góticas. O exterior da ábsida presenta os contrafortes escalonados e decorados con escudos de Andrade e de animais. O alero está decorada cunha variada colección de canzorros.
    >Portada Principal
A portada principal é apuntada con arquivoltas decoradas con motivos vexetais e xeométricos. No tímpano destaca o tema da Adoración dos Reis e a recepción por parte de San Francisco dos estigmas no Monte Alverna. Nas xambas, tres pares de columnas con capiteis figurados. Nesta porta pódense ver algúns sinos gremiais como as texoiras.
    >Portada lateral
Esta é a porta que se usa habitualmente. Non posue tímpano, so ten unha decoración xeométrica que percorre as xambas.Sosteñen as arquivoltas dous pares de columnas acobadas con capiteis con motivos vexetais. A un lado e a outro da porta a Anunciación sobre ménsulas. SARCÓFAGO DE FERNÁN PÉREZ DE ANDRADE "O BOO"
Está considerado o mellor monumento funerario español da alta Idade Media. O costume de enterrarse nas igrexas, sobre todo nas mendicantes cobrará un gran auxe no século XIV, o que favorece a escultura funeraria e a creación de capelas e nichos sepulcrales. Neste sentido é interesante o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade que aínda que está bastante deteriorado, pode todavía seguirse o tema do mesmo. O sepulcro elévase sobre un oso e un verraco e os relevos tanto laterais como dianteiros abordan temas relacionados ca caza nunha clara referencia ó Xuízo Final xa que Fernán Pérez pretende expoñe-la súa alma e o seu corpo a xuízo amosando as súas boas virtudes do seu corpo a través do simbolismo da caza.

3.PLAZA DOS HERMANOS GARCÍA NAVEIRA
CONVENTO DE SANTO DOMINGO
    O templo foi erixido a mediados do século XVI cando chegan os dominicos a Betanzos. Edificouse sobre unha antiga capela. É un edificio de manpostería exceptuando a capela maior que é de sillería e cúbrese con bóveda de cañón. Tres capelas flanquean a nave maior. Na modesta fachada destaca a imaxe de Santo Domingo nunha fornalla.

HOSPITAL DE SAN ANTONIO DE PADUA
    Data do século XVII sendo fundación de Antonio Sánchez de Taibo. O edificio rematou en 1675 e na súa traza interveu o canónigo José de la Vega e Verdugo e contratou as obras o mestre Domingo de Monteagudo. Da fábrica primitiva queda o claustro, pequeño e severo cun corpo superior.

ARQUIVO DE GALICIA
    Edificio da segunda metade do século XVIII. En 1761 plantexouse a necesidade de crear un arquivo para Galicia e éste sería levantado en Betanzos e en 1775 as obras están totalmente rematadas. É un edificio de dúas plantas. No primeiro piso ábrese a porta principal á que se accede pola doble escada exterior. Sobre a porta unha fiestra ovalada sobre a que está a cuncha que alberga a custodia, o escudo de Galicia nese momento. Este edificio munca chegou a cumpli-la función para a que foi creado pasando a ser cuartel, instituto, escola, salón de baile.

COLEXIO DE HORFAS
    Edificio do século XVIII e consta de planta baixa e primeiro piso con balcón na fachada e como remate un escudo da cidade. Na actualidade acolle a biblioteca municipal.

4. XUDERÍA
    Zona de gran fermosura que todavía conserva as casas colgada.

Fontes de información: "Betanzos". Gran Enciclopedia Gallega. Tomo III. Gijón, 1974. Páx. 221-231 Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991. Yzquierdo Perrín, R., Manso Porto, C.;"Arte Medieval II". Galicia Arte. Tomo XI. Hércules, Coruña, 1993