Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: SANTA MARÍA A REAL DE ENTRIMO

Ano de creación: 1727-1739

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: SANTA MARÍA A REAL DE ENTRIMO
ASPECTOS ARTÍSTICOS
    O edificio, que conta cunha importante fachada principal na que predominan influencias decorativas portuguesas, reflicte as diferentes fases constructivas sendo da primeira fase a portada principal e o cruceiro.
    Como elemento singular, a fachada de granito presenta unha estructura que imita un retábulo cunha sóa rúa. Plantexada en catro corpos, destaca o primeiro onde se encadra a porta con arco modelado de medio puno . Nos seguintes tramos, a imaxe da Asunción e o panel da Santísima Trinidades flanqueados por catro pares de columnas salomónicas. O último corpo é un friso rematado nun frontón partido.
    O seu programa iconográfico como podemos deducir céntrase no tema da Ascensión e a Trinidade que espera a ésta no ceo para coroala.
    Ademáis das outras dúas portadas é importante a torre-campanario de 1727 do ángulo noroeste, que se ergue independente da fachada e que conta cunha balconada de pedra.
    No interior destaca a planta é de cruz latina con tres naves e tres ábsidas.
    O conxunto complétase mediante o particular peche do adro.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Barroco. II" Galicia Arte. Tomo XIV. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.