Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SAN LOURENZO DE CARBOEIRO
Ano de creación: 1171
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2002
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
Os primeros indicios da introducción da arte Gótica en Galicia revélanse na Catedral de Santiago co Pórtico de la Gloria e no Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro fundado en de 1162.
A orixe do mosteiro remóntase a 936 segundo consta na súa carta de dotación.
SAN LOURENZO
A complexidade arquitectónica e a calidade do edificio levou a pensar que a obra fora do mesmo Mestre Mateo ou dos seus colaboradores directos.
CRIPTA
A cripta consta de tres capelas con bóvedas de arista apoiadas en cinco soportes monocilíndricos. No exterior, englóbanse nun xigantesco cubo cunhas estreitas saeteiras como único aberturas. Esta cripta non ten precedentes en Galicia, é unha obra especial que remite a obras de influencia borgoñona.
A IGREXA
Sobre a cripta levántase a cabeceira do templo. A igrexa ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior e unha no cruceiro. A capela maior é poligonal e o seu arredor desenvólvese o deambulatorio de cinco tramos con tres capelas.
CABECEIRA
A cabeceira é o máis interesante de todo o conxunto. Abarca a amplitude dos arcos lixeiramente apuntados que dan entrada as capelas do cruceiro. Os arco peraltados dan acceso a xirola e, no centro, a capela maior limitada por dous pares de columnas que dividen os cinco tramos da planta pentagonal da capela á vez serven de apoio ás columnas que sosteñen os nervos da bóveda.
Dúas escaleiras de caracol comunican a xirola coa cripta.
DEAMBULATORIO
Consta de cinco tramos trapezoidais con tres capelas radiais e nos extremos abrense as portas de acceso a escaleira de caracol que conduce á cripta e ás torres. Cada tramo do deambulatorio cóbrese con bóbeda de crucería cuatripartita. O tímpano Norte da porta de acceso a cripta decórase con cruz prerrománica e o tímpano da porta sur con estrela de seis puntas.
CRUCEIRO
O cruceiro de nave única divídese en cinco tramos mediante arcos apuntados.
NAVES
As tres naves do brazo maior sepáranse por piares compostos que soportan os arcos faixóns e formeiros. Todos os capiteis dos piares se decoran con follas estilizadas e neles adivínase o traballo de diferentes canteiros e de distintas tendencias.Os arcos formeiros son de medio punto dobrados e recordan á Catedral de Santiago.As naves laterais cóbrense con bóvedas cuatripartitas con nervios que se enlazan cos arcos.
EXTERIOR
O exterior responde á distribución interna. O interés descansa nos vólumes da cabeceira e nas portadas. Os paramentos curvos predominan na cabeceira, adornada mediante contrafortes primásticos.
FACHADA PRINCIPAL
A fachada describe a estructura interna das naves e consta de tres corpos. Un corpo central enmarcado por contrafortes que se unen, na parte das naves laterais, con arcos de medio punto baixo os que se sitúan rosetóns. Na parte central ábrese a porta, sobre ela, un beirado que da paso ó rosetón superior. A fachada sufríu expolios xa que lle faltan as columnas así como relevos do tímpano. Consta de catro arquivoltas de medio punto sobre cimacios de decoración vexetal. Na primeira, segunda e cuarta arquivolta se recurre a unha decoración vexetal, na terceira aparecen Vintetrés Anciáns tocando a música para honra do Cordeiro.
O tímpano tiña no centro unha figura de Cristo acompañado dos Catro evanxelista. Só se conservan dous, os da esquerda, Mateo e Lucas.
FACHADA SUR
Portada con doble arquivolta de medio punto con tímpano expoliado o que lle faltan os tres relevos. A arquivolta inferior con decoración presidida por un Cristo sedente o seu lado, anxos de ás extendidas. A arquivolta superior con decoración de de cuadrifolias de labra carnosa. É evidente a influencia mateana desta portada e esta considerada como a de máis calidade da fábrica.
Fontes de información: Yzquierdo Perrín, R., Manso Porto, C.;"Arte Medieval II". Galicia Arte. Tomo XI. Hércules, Coruña, 1993 "Carboeiro, Mosteiro". Gran Enciclopedia Galega. Canta-castro. Tomo V. Gijón, 1974, pág. 52 Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Bonet Correa, A.; "La arquitectura en Galicia en el siglo XVII". Madrid, 1966. Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993.. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990". Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991..