Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASTELO/MIXÓS, SANTA MARÍA DE MONTERREI
Ano de creación: Castelo do século X-XVI Igrexa do século X
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
CASTELO DE MONTERREI
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A fortaleza está protexida por un triple valado que salva os desniveis do terreo e permiten observa-la impresionante estampa do castelo. Aínda que cunha longa tradición no sentido defensivo que se remonta o século X, o enclave comezaría a ter especial relevancia dende finais do século XV, cando os Reis Católicos otorgaron o condado de Monterri.
De eminente función defensiva, dos edificios que abrangue o conxunto e de salientar-lo antigo pazo dos condes de Monterri , do século XVI, de fantástico exterior configurado por unha galería renacentista de columnas e arcos. No seu a lateral sitúase a torre das Donas, que foi a primitiva torre da homenaxe do castelo medieval.
A nova torre da homenaxe, de base cadrada e vintedous metros de altura é máis recente .
Sobrecolle a sobriedade das estancias, as ventás abucinadas, os bancos de pedra e a impresionante cheminea.
O conxunto complétase co patio de armas, e a torre de son Sancho, moito máis pequena.
SANTA MARÍA DE MIXÓS
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A igrexa, que presenta unha mixtura de elementos asturianos e mozárabes, estructúrase en tres naves rematadas en tres capelas con pechamento de ferradura na cabeceira. Os arcos das tres ábsidas son ultrasemicirculares con tendencia á ferradura. A cuberta das ábsidas realízase mediante bóvedas de ladrillo. Destacan as pinturas murais do século XIV, parcialmente conservadas.
No exterior é singular o aparello empregado no que se combinan perpiaños asentado en seco con outras pedras máis pequenas. O sillares miudos corresponden á cabeceira mestres que a zona da nave correspóndellen sillares de maior tamaño. Destaca en Monterri o antigo hospital de pelegríns, fundado en 1429 que conserva unha porta cunha Anunciación e un tímpano decorado con pantocrátor e Tetramorfos.
Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.