Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE CAMANZO
Ano de creación: Comenzo do século XII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
SAN SALVADOR DE CAMANZO
O mosteiro foi fundado no século X o conde don Gonzalo e dona Tareixa .
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A igrexa foi construida aproveitando o momento de esplendor no mosteiro.
O templo é de tres naves con tres ábsidas semicirculares. As naces están separadas con piares cruciformes e nos muros extremos dispóñense unhas columnas encaixadas. Os arcos de ingreso ás ábsidas e os formeiros son apuntados agas o da capela sur que é de medio punto.
Na portada norte son evidentes as evocacións mateanas . No lintel do epígrafe Era MXXIII, é decir ano 1166.
A portada principal alteada polo corte das naves laterais e pola construcción da torre, ábrese entre contrafortes e está lixeiramente adiantada. A portada de esveltas columnas con capiteis e cimacios de decoración vexetal estilizada, presenta unha longa arquivolta cunha decoración inspirada na arquivolta menor da porta sur de Carboeiro.
O centro individualízase mediante un busto dunha figura coroada bendecindo coa destra mestres que coa man esquerda amosa o rolo da lei. No tímpano presenta a figura de Cristo sedente. Na zona alta da fachada superpóñense dous óculos moldurados con boceis e con escocias.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Pontevedra". VI. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.